Se queres facer unha doazón dos libros de texto dos teus fillos que xa non necesitarás para o próximo ano ou ben solicitar libros usados, envíanos un e-mail: salesianosanpa@gmail.com (ou deixa unha nota na caixa de correo da ANPA que está na entrada de infantil) con estes datos:
– Nombre, e-mail e teléfono de contacto
– Curso para o cal realizas a doazón e/ou solicitas libros
A data límite para recoller ofertas/demandas será o 1 de Xuño de 2012.
Con todos os libros doados intentaremos atender a todas as solicitudes. Antes do 12 de Xuño os contactaremos por e-mail ou teléfono para indicarvos os libros dospoñibles e a forma de entrega/recollida.
No caso de que as solicitudes de libros superen as ofertas terán prioridade aquelas familias que teñan doado os seus libros. A asignación farase por orde de recepción das solicitudes.
Esperamos que esta iniciativa sexa todo un éxito. Contamos coa túa colaboración!!!
Se tes algunha dúbida ou suxestión envíanos un e-mail: salesianosanpa@gmail.com
ATENCIÓN:
Os cursos de 2º e 4º da ESO cambian os libros de texto para o próximo curso 2012/13 polo que non poderemos re-usar os de este ano.
RECICLA, RE-UTILIZA, REDUCE…