REMATE DA ACTIVIDADE “PROYECTO Y.S.Y.(YO SOY YO)”

Dende a ANPA xunto coa Asociación Érguete estámos a levar a cabo no Centro o “Proyecto Y.S.Y. (Yo Soy Yo) ” de fomento da personalidade ante a presión de grupo, cos alumnos de 6º de E.P., como preparación para o cambio á E.S.O.

As actividades cos alumnos finalizaron o  Martes día 29 de Maio con moi boa acollida tanto polos alumnos como polos titores dos cursos implicados. O próximo Martes dia 5 de xuño as 6.30, terá lugar unha sesión coas familias para comentar os temas que traballaron, extraer conclusións e proporcionarvos  ferramentas, tamén a vós, para afrontar os novos retos que se vos formularán co cambio a unha nova etapa educativa e a unha idade que implica toda a nosa atención e formación.

Circular proyecto “Y.S.Y.”