Bo veran e ata setembro

Ola a todos,

logo dun ano intenso, queriamos despedirnos ata Setembro. Foron moitas as cousas que fixemos xuntos este ano: festas varias, talleres de pais, xornadas deportivas, banco de libros, colaboración na biblioteca…Estas actividades, ao igual que outras que foron formuladas, non terían sido posible sen a vosa colaboración ou interese. Queriamos darvos as grazas e animarvos para que o próximo curso, entre todos, sigamos construíndo unha comunidade educativa que favoreza ao ámbito no que se desenvolven os nosos fillos.

Ata Setembro,

Auxi, Daniel, Elvira, Isidro, Marta, Silvana, Susana, Suso e Visi