Empeza un novo curso escolar, e dende a coordinadora do Anpa queriamos darvos a benvida e contarvos os proxectos para este ano animandovos a participar.
Temos proxectos que xa empezaron hai un tempo… a Escola de país, as festas, “Yo soy Yo”, outros que arrancaron o ano pasado Banco de Libros, Biblioteca, Blog do ANPA ou novas propostas que queremos desenvolver , Banco de Chandals, Intercambio…
O ano pasado lanzamos o Banco de Libros e preto de 45 familias víronse beneficiadas co intercambio de libros. Este ano pretendemos extender esta experiencia a todo o colexio, pero necesitamos da vosa colaboración.
Cremos que o banco é algo máis que un troco de libros: é un instrumento pedagóxico na solidariedade, no coidado dos libros, no ben común… Para poder implementar un banco de libros deberiamos preguntarnos se estamos dispostos a ceder os libros do curso do noso fillo para obter, a cambio, os libros do curso seguinte. Ademais, deberiamos preguntarnos se estamos dispostos a esforzarnos en inculcar aos nosos fillos que coiden os libros, porque son de todos, deles e dos que veñen. Pero xa iremos falando ao longo do curso…
Tamén queremos lanzar un Banco de Chandals: a cantos dos nosos fillos lles queda pequeno o chandal en moi bo estado, e que bo sería que outro neno o puidese aproveitar
O ano pasado tamén empezamos a traballar na biblioteca do colexio. Os venres, pola tarde varios pais acudíamos a biblioteca para colaborar cos profesores nos traballos iniciais para poñerla en funcionamento. Ainda que avanzamos moito tamén queda moito por facer, pero esperamos poder dispoñer dunha biblioteca escolar neste curso.
Tamén este ano seguiremos apoiando o proxecto ”Yo soy Yo”, que busca educar na prevención, na asunción de responsabilidades e na corresponsabilidade como pais. O colexio solicitounos que colaboremos nunha ampliación do devandito proxecto a diversos cursos da ESO, e dada a avaliación positiva que recibimos dos pais, estamos dispostos a seguir por esta vía.
Pero tamén estamos a buscar outras vías para lanzar unha escola de pais, onde poidamos discutir, intercambiar ideas, escoitar e aprender….
Estamos tamén traballando neste Blog para que sirva como canle de comunicación, información ou simplemente como medio para expresar as nosas/vosas inquedanzas, propostas….
Por último, estamos lanzando o proxecto de intercambios de idiomas…e intercambios solidarios….
Para levar todo isto a bo porto, necesitamos da vosa colaboración, posto que creemos que directa ou indirectamente isto favorece aos nosos fillos. Non se trata de estar todo o día colaborando…a todas horas…tratase dunha, duas horas…en algunha festa, na biblioteca… nunha xornada de pais….facendo funcionar o boca a boca sobre a importancia de que todos colaboremos no banco de libros…