Ola a todos, na asemblea informámosvos das actividades que a ANPA ten en marcha así como que é precisa a vosa colaboración para levalas a bo porto, agora mesmo temos á vista a festa do Nadal, é unha festa con moitos frentes abertos, por eso propoñemosvos que si queredes colaborar nos digades en que vos gustaría participar e cal e a vosa dispoñibilidade nas catro próximas semanas para tratar de coordinar a todo o mundo
- Restauración/elaboración da decoración: habría que adicar 3 ou 4 tardes a preparar a decoración que se instalará no teatro
- Concurso de postales : adicar unha tarde a montar a exposición de postais na entrada do cole e outra tarde para desmontala,
- Participar no xurado que elixirá as postais gañadoras un pai/nai que se reunirá co resto do xurado (profes…) para elixir as postais gañadoras
- Chocolatada : a tarde do festival a partir das 3.30 elaboración do chocolate e preparación do roscón (cortalo..) e reparto da merenda a todos os nenos e as suas familias
- Paxe Real : a tarde do festival as 3.30 preparación do escenario onde o paxe real recibirá as cartas de tódolos nenos
- Panxoliña dos pais: o día do festival os pais tamén aportan a sua contribución cantando unha panxoliña para isto hai que reunirse previamente para ensallala 2/3/4 tardes segundo a dispoñibilidade dos participantes
¡DENDE AQUÍ A COORDINADORA DO ANPA ANÍMAVOS A PARTICIPAR PARA FACER TODO ISTO POSIBLE!!