Os días 19 e 20 de decembro celébranse os festivais de panxoliñas de primaria e infantil respectivamente, dende a coordinadora do Anpa somos conscientes das ganas que teñen os pais, os avós, os tíos, primos ou amigos de asistir ás actuacións que se desenvolverán no Teatro Salesianos. Non obstante, o aforamento do Teatro é limitado, e o cumprimento das estritas medidas de seguridade que impón a normativa legal, obriga ao colexio a entregar un número limitado de entradas por familia. Por unha banda, o colexio é responsable de garantir a seguridade, pero, por outra, cada un de nós debemos tomar conciencia destas normas de seguridade e cumprilas con responsabilidade. Por iso queremos recordarvos que:
- Cada neno de primaria levará unha única entrada para un acompañante para o festival de primaria o dia 19 de decembro
- Cada familia de infantil levará 3 entradas para tres acompañantes para o festival de infantil o dia 20 de decembro
O número de entradas ven determinado polo número de alumnos de cada ciclo
- Os país que canten a panxoliña poderán ver o festival sempre que dispoñan da entrada correspondente, en caso contrario entrarán para actuar e sairán unha vez rematada a actuación
- Non deben quedar carriños de neno nin outros obstáculos nos corredores de entrada e saída do teatro
- Non poderán estar persoas de pe nos corredores
- Non ocupar mais que a butaca correspondente a cada entrada
UNHA VEZ REMATADOS OS FESTIVAIS OS NENOS SERÁN ENTREGADOS AS FAMILIAS COMA SEMPRE.
NON ESQUEZADES QUE O DIA 19 AO REMATAR O FESTIVAL HABERÁ CHOLOCATE E ROSCÓN PARA TODOS NO PATIO, E TAMÉN ESTARÁ O PAXE REAL PARA RECOLLER AS CARTAS DE TÓDOLOS NENOS
¡¡ESPERÁMOSVOS A TODOS!!