CAMPAÑA BANCO DE CHANDAL 2013

Ábrese a primeira campaña BANCO DE CHANDAL 2013 da ANPA en colaboración con ABERTAL

A idea é que dende o centro poidamos xestionar unha cadea de uso, que permita que a roupa que quedou en condicións, pase a ser utilizada por outro neno.

Recolleranse, todas as pezas do uniforme do cole que estean en condicións de uso. Podedes entregar chaquetas ou pantalóns do chándal, camisetas, sudadeiras, etc. Sempre que estean en bo estado. A entrega realizarase dentro dunha bolsa, marcada polo exterior ca TALLA das pezas, para que se facilite o traballo de clasificación posterior, e poidamos organizar o seu reparto.

Posteriormente, dende a ANPA encargarémonos de clasificar as pezas, revisalas e publicar na WEB as tallas dispoñibles. Desta forma abrirase unha LISTA na que os interesados en obtelas, poderanse apuntar e, unha vez rematado o prazo, avisaremos  das DATAS DE ENTREGA das pezas requiridas. A recollida farémola no mesmo sitio, nas oficinas de ABERTAL.

Esperamos que con esta iniciativa, poidamos entre todos colaborar nun uso máis responsable dos recursos, e evitar que pezas en bo estado, acaben sendo desbotadas ou se durman nalgún armario

 DATAS PARA A ENTREGA DAS PRENDAS USADAS:

Datas: 18 AL 21 DE FEBRERO

Lugar: OFICINAS DE ABERTAL

Horario: 10:00 A 13:30/16:00 A 20:00

 Ao longo do ano abriranse varios periodos de entrega e recollida que iremos comunicando a medida que se vaian poñendo en marcha