RECORDATORIO CONVOCATORIA DE PAIS 2º DA ESO

Aos  pais dos alumnos de 2º da ESO:  non esquecedas que mañán  xoves 28 de febreiro ás 18:30 na Aula Magna o Colexio  no marco da acción titorial que se está desenvolvendo co alumnado deste curso sobre o lecer responsable, a presión de grupo, o consumo responsable e a afectividade. , estades convocados  un encontro das familias, no que abordar eses mesmos temas dende a perspectiva familiar. Tratase de dialogar, contrastar e durante un rato compartir inquedanzas sobre o que están vivindo os rapaces.

O encontro será na Aula Magna do Colexio e estará dinamizado pola mesma educadora da Asociación Érguete que desenvolveu as sesións de aula. Contará ademais coa participación do Departamento de Orientación e representantes da ANPA, de forma que se xorden novas propostas ou inquedanzas serva tamén como espazo de recollida para podelas dinamizar.

 

Agardamos contar coa vosa presenza