AULA DE ESTUDO

Coma no pasado curso retomamos a oferta dun servizo que permita poñer a disposición dos alumnos e alumnas unha aula de estudo que cubra o horario de 12,30 a 13,30 h. 

O obxectivo desta aula é facilitar un tempo de estudo supervisado por un adulto que lles permita aos nenos e nenas facer as súas tarefas nun espazo de tranquilidade e silencio. 

Consultada a dispoñibilidade da aula pola parte do centro, e en colaboración con ABERTAL, proponse a seguinte AULA DE ESTUDO:

   Horario: de luns a xoves de 12,30 a 13,30 (os venres non habería debido ao horarios das clases)

  Lugar: aula de apoio escolar do primeiro andar.

  Destinatarios: nenos e nenas de 1º a 6º de Ed. Primaria

  Persoa responsable: Traballadoras de ABERTAL. Calquera incidencia deberá de ser reportada ás persoas responsables que o poñerán en coñecemento da ANPA.

 É importante destacar que o obxectivo da aula é conseguir un espazo de estudo polo que non se permitirán as situacións que impidan ou dificulten a finalidade da aula.

 

CIRCULAR E BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN pincha aquí