MAGOSTO XOVES 7 DE NOVEMBRO

Xa chega a primeira festa do ano, o próximo xoves día 7 a partires das 17.30 celebraremos o magosto no patio do colexio, haberá  as tradicionais castañas  e por suposto animación e xogos para disfrutar en familia e demostrar as nosas habilidades!!.

O lema para este curso é  ATRÉVETE así que queremos animaros a que vos ATREVADES a elaborar un postre e participar no concurso gastronómico, as bases son moi sinxelas:

Especial Hallowen

-Valorarase ¡¡o sabor por suposto!!, pero tamén a creatividade e a imaxinación– Han de ser postres relacionados co magosto, ven polos seus ingredientes ou ben pola súa presentación “aspecto”

-Todos os participantes na festa poderán votar o postre que lle pareza máis atractivo, haberá un xurado que se asegurará da limpeza do proceso e votará en caso de empate. Aproveitamos para que, se hai algún pai/nai con inquedanzas grastronómicas, se atreva  e se apunte (e-mail) para formar parte do xurado ¡¡ tera unha recompensa moi doce!! 

Os postres poderán deixarse no local da ANPA as 15.30 e estarán expostos no patio a partir das 17.30,  a esa mesma hora se instalará unha furna donde se votará o papeliño co número do postre que  máis nos guste . O reconto de votos, elección dos gañadores e solemne acto de entrega de premios terá lugar as 18.30

Coma sempre, precisamos a vosa colaboración para a dinamización dos xogos, merenda, xurado e que a festa sexa un éxito, so tes que enviar un  correo a fiestascole@gmail.com ( ou por calquer outro medio polo blog, de palabra…) decíndonos canto tempo podes colaborar (entre as 17.30 e as 19.00)

 ¡¡¡A nímate

          T wittéalo

               R ecréate

                   É mbrúxate

                       V en

                           E ndúlzate

                               T radición-ate

                                    E ntusiásmate!!!