Benqueridas familias:
A partir da vindeira asemblea, iniciamos unha nova etapa no ANPA. Como moitos de vos sabedes despois da celebración de eleccións, se compuxo unha nova xunta directiva. A xunta directiva foi renovada nun 50% tratando desta forma de combinar a experiencia de membros que xa estaban, coa incorporación de persoas que trataremos de aportar perspectivas novas. Nesta asemblea queremos presentarnos para que nos coñezades, pero sobre todo queremos COÑECERTE, SABER QUE PENSAS, TER PRESENTE AS TÚAS PROPOSTAS, para elo dedicaremos gran parte da asemblea que se celebrará
Día: Luns 25 de novembro de 2013
Hora inicio: 1ª convocatoria: 18.00 horas 2ª convocatoria: 18:30 horas
Hora fin: 20.30 horas
Lugar: Aula Magna do Colexio (entrada póla rúa Taboada Leal)
Coa seguinte Orde do día:
1.- Presentación da nova Xunta Directiva
2.- Recollida de propostas e suxestións para a planificación de actividades 2013-14.
3.- Presentación avance de plan de actividades.
4.- Presentación orzamento 2013-14 (Pica para acceder ao Orzamento 13/14)
5.- Aprobación de contas 2012-13 (Pica para acceder ao RESUMEN DE GASTOS)
6.- Rogos e preguntas
A PARTÍR DAS 18 H. HABERÁ UN SERVICIO DE ATENCIÓN PARA OS RAPACES EN ABERTAL PARA QUE TODOS OS PAIS QUE O PRECISEN POIDAN DEIXAR AOS NENOS QUE ESTARÁN ATENDIDOS O TEMPO QUE DURE A ASEMBLEA