O próximo xoves, día 21 as 17,45 vaise facer a presentación do proxecto de transformación da biblioteca do cole, queremos invitarvos a tod@s a un pequeno acto de “inauguración” que terá algunha sorpresa; foron dous anos de moito traballo pero finalmente xa é realidade a consecución dun espazo concebido como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, imprescindible para a adquisición de competencias para un alumnado que medra na sociedade da información.
Aproveitamos para expresar o noso agradecemento a todos os que axudaron a limpar, expurgar, carrexar, catalogar, etiquetar, idear, colocar, cargar, animar, acompañar, … Angeles P., Ana, Bea, Belinda, Carmen, Kike,, Manuel, Mar, Marta, Nuria, Puri, Suso… e especialmente a Angeles, Cristina, Daniel, Elvira, Elvira C., Marisol, Rocio… pola súa constancia e bo humor.
Non o esquezades o xoves invitamosvos a grandes e pequenos a redescubrir a biblioteca do cole!!
O aforo é limitado