ASEMBLEA ORDINARIA

O luns  25 de novembro celebrouse a Asamblea ordinaria da ANPA  que se desenvolveu segundo a  orde do dia establecida,  presentación do novo presidente e das liñas xerais da súa proposta para os próximos dous anos, presentación do equipo directivo composto en total por seis membros  (Celso, Elvira, Marta, Nacho, Rocío e Susana) breve intervención do novo director do colexioaprobación de contas do curso pasado e presentación do novo presuposto, que en liñas xerais supón una prórroga do ano anterior.

A parte mais importante da asemblea consistiu no desenvolvemento dunha dinámica  de traballo co obxectivo de  establecer cales son os temas que mais preocupan aos pais, para que sirvan de referente a hora de planificar o traballo a desenvolver por parte da xunta directiva.

O resultado desta dinámica deu como froito os seguintes temas coma os mais candentes: uniforme, comedor, actividades de formación:  idiomas, reforzo…, aula de estudio , armarios para os patíns,…. A xunta directiva comprometeuse a establecer  os mecanismos para coñecer o alcance destas inquedanzas e transmitilas a quen corresponda dentro do colexio e traballar na consecución das que dependan directamente  dela.

Grazas pola vosa asistencia e participación             IMG_4191