FELICITACIÓNS DE NADAL

adornos_navidad_01Seguindo o lema deste curso “Atrévete” propoñémosvoS un reto para o concurso de tarxetas do Nadal:

Os nenos de infantil farano como tódolos anos nas súas aulas, coa axudas das súas profes. Os rapaces de primaria e aqueles pais que se animen farán a súa tarxeta todos xuntos no colexio o dia 13 pola tarde, e os maís maiores (ESO e bacharelato, os pais que o prefiran, os profes…) poderán facer a súa felicitación cando eles queiran coa única obriga de entregala o mesmo día 13 entre as 15.30 e as 18.30 ben fisicamente ou ben enviándoa por correo electrónico(salesianosanpa@gmail.com) dentro dese intervalo de tempo

– Recolleremos un traballo por alumno, infantil e primaria empregará unha cartolina do tamaño de medio folio, donde figurará o seu nome e curso
– Cada participante traerá o material que necesite. O centro facilitará algúns recursos básicos, como pinturas, ceras ou tesoiras.
– Para os alumnos da ESO e bacharelato, pais e profesores admítese calquera formato: cartolina, video, electrónico… Admitaranse traballos de grupo (ata 5)
– O XURADO estará formado por: un pai, un profesor de Infantil, un profesor de Primaria, un profesor de ESO e un profesor de Bacharelato. Valorarase a creatividade, a técnica, a dificultade, a realización e o esforzo.
– A entrega de Premios para E. Infantil terá lugar no Festival de Nadal, o mércores 18 de decembro; e para E. Primaria, ESO e BACH o xoves 19 de decembro.
– As tarxetas estarán expostas dende o 16 ao 21 de decembro na portería do colexio, e as que sexan en formato electrónico proxectaranse na biblioteca.
– Os premios serán acordes coa idade dos concursantes premiados.

¡ATRÉVETE E PARTICIPA!

Entrega en portería o resgardo ao pe da circular que levarán os rapaces a casa, co nome dos participantes (nenos e pais) para facer unha estimación do espazo e materiais que se precisarán

circular concurso tarxetas de Nadal 2013 def