O programa de encontros formativos coas familias para 2013/2014, están promovidos pola ANPA e o Colexio. A nosa pretensión é que sexan espazos de diálogo sobre temas relevantes na educación dos noso fillos/as. Os diferentes obradoiros están relacionados con accións formativas que se realizan co alumnado nas aulas.
Os alumnos de 1º e 2º da ESO contarán con catro sesións ao longo do mes de febreiro. En 1º centradas na educación emocional (identificación e control das emocións) e en 2º nos hábitos de lecer saudables.Neste proceso formativo ofértanse tamén encontros coas familias, nos que abordar eses mesmos temas dende a perspectiva familiar. Son espazos para dialogar, contrastar e durante un rato compartir inquedanzas sobre o que están vivindo os vosos fillos/as.
Os encontros serán na Aula Magna do Colexio :
O Mércores 26 de febreiro ás 18:30 h. están convocadas as familias de 1º de ESO
O Xoves 27 de febreiro ás 18:30 h . . están convocadas as familias de 2º de ESO
Información completa pica aquí