CONSULTA SOBRE O UNIFORME

O día 11 de abril finalizou o prazo da consulta organizada polo ANPA, con fin de pulsar o grado de adhesión das nais e pais acerca da implantación dun uniforme con carácter voluntario dende infantil a primaria.

 

O resultado da consulta foi que 77 nais e pais manifestaron o apoio a medida proposta, respecto dun total de 344 familias (*). Polo tanto o grao de adhesión foi dun 22,38%.

 

A directiva do ANPA, en cumprimento co comunicado na carta remitida a todas as familias, cando se convocou a consulta, informará os representantes de pais no consello escolar e a dirección do colexio dos resultados acadados.

 

Agradecer a todos e todas a vosa participación e reiterar o compromiso con poder empregar esta ferramenta como forma de coñecer o sentir dos pais sobre temas que sexan de interese.

 

(*) As 344 familias se corresponden as familias de alumnos correspondentes a infantil e primaria, contabilizando unha única familia cando teñan varios irmáns neses niveis.