DIA DA FAMILIA

Imagen

Dende a ANPA propomos a organización para o vindeiro 22 de xuño dunha viaxe as Illas Cies, no que será o Día da Familia.

Unha iniciativa que queremos que se vaia convertendo en punto de encontro e convivencia da comunidade educativa. Esta proposta está aberta a nais, pais, nenos e nenas e persoal do centro, así como a calquera outro membro da nosa gran familia que queira compartir praia, paseo e xogos nun espazo natural marabilloso como son as Illas Cíes.

DATOS PRÁCTICOS:

  • Poderán participar todos os alumnos e traballadores do centro acompañados das súas familias.
  • O prezo da actividade é de 5 € por persoa para os membros da comunidade educativa (alumnado, irmáns, pais e nais; traballadores e familia directa). Os demais membros das familias (avós, tíos, curmáns…) aboarán 7,70 € por persoa, que é o prezo extraordinario que a navieira nos ofertou.
  • Data e hora: 22 de xuño, de 10.00 h a 20.00 h. (estaremos suxeitos aos horarios dos barcos).
  • Os menores deberán vir acompañados por un adulto.
  • Grupo mínimo necesario: 100 persoas. O máximo está condicionado pola dotación de barcos e, polo tanto, terase en conta a orde de inscrición en caso de superar as prazas dispoñibles.
  • Cubrir e entregar esta preinscrición en portería. O último día para a entrega deste documento é o venres, 13 de xuño.
  • A partir desa data poñeriámonos en contacto convosco para formalizar a inscrición definitiva, co pagamento do prezo correspondente.
  • A actividade realizarase sempre que academos o mínimo marcado. No caso contrario, comunicarase a través da páxina web e da plataforma a cancelación da viaxe.

Agardamos contar coa túa presencia.

2 thoughts on “DIA DA FAMILIA

  1. Hola, quería reflejar mi sorpresa y malestar hoy cuando al dejar la inscripción para participar en el día de la familia, me encuentro con que estoy en lista de espera puesto q en la circular enviada x el anpa en ningún momento se dice orden de entrega. Si yo fuese consciente de q había orden de entrega para accede a la inscripción lo hubiese hecho con mayor rapidez pero en la circular solo pone limite de entrega el día 13, es decir, hoy. No me parece justo y no es jugar en igualdad de condiciones…. lo más honesto seria hacer un sorteo de plazas. gracias por leerme. Un saludo. Maria Sánchez

    • En la primera circular enviada y en el blog del ANPA aparece esta información: “O máximo está condicionado pola dotación de barcos e, polo tanto, terase en conta a orde de inscrición en caso de superar as prazas dispoñibles.” No obstante hemos estado hasta esta mañana negociadon la ampliación de plazas al máximo y acabamos de comunicar que probablemente haya para todos

      saludos

Os comentarios están pechados.