INSTRUCCIÓNS CIES

images

 

 

Recordámosvos que para formalizar as pasaxes a Cíes debedes achegarvos á biblioteca do cole o luns (16) ou martes(17) en horario de 4 a 6. Ademais todas aquelas familias que estaban en lista de espera, e que tivesen entregado a solicitude ata o venres 13,  dispoñen de praza polo que tamén deberán pasar a efectuar o pagamento neses días.

O programa para o día 22 será:

SAIDA

Domingo 22 de xuño de 2014

Hora: Sairemos no barco da Naviera Mar de Ons das 10.15, pero é necesario estar con ½ hora de antelación.

Punto de encontro: 9.30 na figura do nadador, na explanada de A Laxe

 NAS ILLAS CIES:

Fixaremos o campamento base na praia de Rodas, desde alí organizaranse algunhas actividades para a xornada.

11.00: Benvida as Cíes.  Haberá xogos para a posta en contacto con animadores do Centro Xuvenil ABERTAL

Mediodía: Excursión pola illa. No campamento base informarase, aos  interesados, da hora e do itinerario concreto

Comida libre

Tarde: xogos na praia con animadores do Centro Xuvenil ABERTAL

REGRESO: regresaremos no barco das 18.00, pero hai que estar no peirao de saídas ás 17.40 horas

Lembrade que é un día para compartir e desfrutar, nun ambiente de convivencia e con moitas ganas de pásalo ben!!!

É IMPORTANTE QUE LEADES:

INSTRUCCIÓNS PARA VISITAR O PARQUE NATURAL DAS ILLAS CIES