Necesitamos a túa opinión!!!!

Dibujo

O luns, 10 de novembro, de  19:00 a 20:30 gustaríanos invitaros a tódalas familias  a unha xuntanza, onde queremos elaborar a planificación de actividades para este curso2014-2015, que someteremos a aprobación na asemblea de socios que se celebrará na ultima semana de novembro.

A través de dinámicas participativas, pretendemos que dunha forma ordenada e efectiva, podamos recoller as opinións e consideracións de todos os asistentes, tratando así de evitar monólogos, discusións non produtivas, monopolización de temas, etc (creo que xa entendedes a que nos referimos …)

Toda a xunta directiva do ANPA, está comprometida por abrir canais de participación, tanto a través da opinión como da colaboración en actividades. Por ese motivo estaríamos encantados de que veñas.

De cara a facilitar unha reflexión previa a xuntanza comentarvos que estruturamos a planificación de actividades do curso pasado en 5 programas dos que colgan actividades que realizamos:

Programa de festas

Apoio a familias

Actividades educativas

Incidencia educativa

Para ver mais información de estes programas PICA AQUÏ

Vos pediríamos que levarades a xuntanza reflexións e propostas de actividades dentro de cada un dos programas. Ou tamén novos programas

Recorda!!

Luns, 10 de novembro de 19:00 a 20:30 na Aula Magna do Colexio, entrada por infantil