MAGOSTO!!!!


CASTAÑAS

 

A primeira festa do ano xa está aquí, o próximo xoves día 13 a partires das 17.30 celebraremos o     magosto no patio do colexio, haberá  as tradicionais castañas  e por suposto animación e xogos para disfrutar en familia e demostrar as nosas habilidades!!.

 

 

CONCURSO DE POSTRES:

Animádebos a elaborar un postre e participar no concurso gastronómico, as bases son moi sinxelas:postres

-Valorarase ¡¡o sabor por suposto!!, pero tamén a creatividade e a imaxinación– Han de ser postres que apeteza comer en outono ou inverno 

-Haberá un xurado que elixirá o postre mais rico e tamén o mais atractivo ou coa presentación mais orixinal. Aproveitamos para que, se hai algún pai/nai con inquedanzas grastronómicas, se apunte para formar parte do xurado ¡¡ tera unha recompensa moi doce!! 

Os postres poderán deixarse no local da ANPA as 15.30 e estarán expostos no patio a partir das 17.30.

As 18.00 h. será a  elección dos gañadores e o solemne acto de entrega de premios terá lugar  a continuación

Coma sempre, precisamos a vosa colaboración para a dinamización dos xogos, merenda, xurado e que a festa sexa un éxito, so tes que enviar un  correo a fiestascole@gmail.com ( ou por calquer outro medio polo blog, de palabra…) decíndonos canto tempo podes colaborar (entre as 17.30 e as 19.00)

BENVIDOS A PRIMEIRA FESTA DO ANO,  CONTAMOS CON TODOS VOS!!!!

2 thoughts on “MAGOSTO!!!!

Os comentarios están pechados.