FESTAS NADAL, CONCURSO POSTALES!!!!

descarga

Este Nadal continuamos coa proposta iniciada o pasado ano na biblioteca do centro para dar forma ao CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL. O TEMA estará relacionado co Nadal e responderá o lema do curso 2014-15:  “Contigo”

CIRCULAR

Para comezar, distinguirase entre catro categorías:

  •  INFANTIL
  • PRIMARIA
  • ESO e Bacharelato e
  • PAIS, NAIS E PROFESORES

INFANTIL : Como todos os anos, os nenos e nenas de INFANTIL realizarán as súas postais na xornada escolar, coa axuda das profesoras.

PRIMARIA: Para os nenos e nenas de PRIMARIA o concurso será como sigue:

DIA: VENRES 12 de decembro

LUGAR: biblioteca do centro.

HORAS: de 15.30 a 18.30 (deste modo os nenos do comedor poderán quedarse despois a participar no concurso)

FORMATO: Empregarase cartolina para as tarxetas, nun FORMATO A5 (medio folio). O nome e o curso deberán de indicarse no reverso.

Cada participante traerá o material que necesite. O centro facilitará algúns recursos auxiliares.

As postais recolleranse a medida que as vaian rematando ata as 18.30. Non se admitirán as que non se entreguen nese intre e non respecten o formato e tema indicados.

  • ESO, BACH, PAIS, NAIS E PROFESORES

 Poderán facer as postais na biblioteca do centro o dia 12 de decembro entre as 15.30 e as 18.30 ao mesmo tempo que os rapaces ou ben entregala nese intre, respectando as regras xerais de formato.

Admítese calquera formato electrónico (remitir ao seguinte enderezo: salesianosanpa@gmail.com), e no caso da ESO e BACH a participación en grupo de hasta 5 membros

PREMIOS: Daráse un premio por cada ciclo que se entregará nos festivais de Nadal 17/12 E.P, ESO,BACH; 18/12 Infantil

O pase de diapositivas require JavaScript.