Tralo escrito presentado en relación ao comedor, avalado por 110 sinaturas, a dirección do centro infórmanos da apertura dun procedimento destinado a mellorar este servizo.
Tendo en conta que existen unhas condicións obxectivas de partida, que impiden darlle a esta cuestión unha solución rápida e sinxela, plantexámonos como primeiro paso, manter unha reunión coa empresa de catering Serunión. Nesta reunión participarán ademais de membros da Directiva da ANPA, e de pais pertencentes ao Consello Escolar, representantes dos asinantes do escrito presentado á Dirección do colexio.
Paralelamente a ANPA está recollendo información de servizos de comedor alternativos para presentar ao Equipo de Dirección.