Agradecementos Festa Entroido

A Festa de Entroido do venres resultou todo un éxito, a pesares da climatoloxía. Dende a Xunta Directiva queremos trasladar o noso agradecemento a todos os voluntarios, que festa tras festa, evento tras evento,… están aí para que todo funcione. ¡Noraboa polo traballo ben feito!

Grazas a todos pola vosa asistencia e participación e moitas felicitacións polos deliciosos biscoitos, orellas, filloas, rosquillas, … ademais de encher de color o patio do colexio cos disfraces dos vosos rapaces.