Quincena de Orientación Académica Profesional

Dentro da programación do colexio, do 25 de febreiro ao 6 de marzo desenvorase a Quincena de Orientación Académico Profesional.

O obxectivo desta iniciativa é ofertar actividades dirixidas a facilitar o proceso de decisión sobre que, como e onde estudar. Realizaranse actividades nas aulas, no contexto da titoría, e actividades abertas a tódolos interesados, tanto do centro como de fóra do colexio. Destacamos:

27 Febreiro de 19 a 21h – Xornada de Experiencias Profesionais

Unha xornada na que diferentes profesionais, maioritariamente pais e nais de alumnos do centro, achegaranse a contar a sua experiencia laboral no día a día. O obxectivo é dar a coñecer a tarefa que hai despois duns estudos concretos. Contaremos con enxeñeiros, avogados, biólogos, licenciados en farmacia,… Será o venres 27 de febreiro de 19 a 21h aberta a tódolos interesados.  A participación mais activa da ANPA, é precisamente nesta xornada.

6 Marzo de 19 a 21 h -Xornada de Estudos Superiores

Similar á anterior, pero coa participación de estudantes ou representantes de estudos de diferentes graos e ciclos superiores de Galicia. Tamén con un formato de mesas nas que os alumnos se poderán achegar a falar con quenes estean interesados. Será o venres 6 de marzo, tamén a partir das 19h aberta a tódolos interesados/as.

 

quincena_orientacion_2015_ok