Programa Ruta da Pedra e da Auga

Foto familiaDe novo este ano nos achegamos a vós para invitarvos a participar nunha xuntanza en familia. Queremos que sexa un momento de desfrute entre pais, nais, nenos e nenas, así como de calquera outro membro da familia que queira compartir xogos, comida e a experiencia de convivir.

Nesta ocasión pensamos nun día onde se poida combinar o contacto coa natureza, realizando un fermoso sendeiro, apto para tódolos públicos, visita guiada ó mosteiro de Armenteira e encontrarnos para charlar na comida e sobremesa, no Colexio Salesiano de Cambados. Propoñémosvos:

09:00hSaída de Vigo. Rúa Venezuela (diante da Librería Don Bosco)

10:30h Chegada ó Mosteiro de Armenteira

11:00hVisita guiada ó Mosteiro Armenteira

11:30-14:00hRuta de Sendeirismo da Pedra e da Auga. (Sairemos dende o Mosteiro de Armenteira)

14:30-16:00h – Xantar no Colexio Salesiano de Cambados

16:00-18:00hXogos e Convivencia

18:00hSaída cara Vigo. Hora prevista de chegada 19:00h

Condicións de participación:

  • Poderán participar tódolos alumnos e traballadores do centro acompañados das súas familias.

  • A ANPA, subvencionará dous autobuses, para así desprazarse durante o día, sen necesidade de levar os coches. Os que sí queiran levar o coche deberán respectar os horarios que se establecen no programa.

  • Prezo: O xantar pagarao cada quen, temos convido co Colexio Salesiano de Cambados un importe polo menú de 12,00 € por adulto e 7,00 € por neno (ata 12 anos). Este importe recadarase o propio día da saída no autobús, e para os que se despracen en coche no Colexio de Cambados.

  • Data e hora: 8 de marzo de 9:00 h a 19:00 h. aproximadamente.

  • Os menores deberán vir acompañados por un adulto.

  • Inscricións, con data límite 2 de marzo.

    • A través do blog da ANPA (salesianosanpa.wordpress.com)

    • Enchendo o caxetín enviado como circular e entregándoo na conserxería do colexio.

Para máis información:

Viaxe á comarca do Salnés

Actividade de Sendeirismo