O colexio, en colaboración coa ANPA, ofrece o xoves, 5 de marzo, un “contacontos solidario” na biblioteca escolar. A entrada solidaria será de 1€ por persoa.
17:30h Contacontos do mundo na biblioteca.
Esta actividade está enmarcada dentro da Campaña de Mans Unidas que se está a desenvolver no colexio. O lema da campaña deste ano é: “Loitamos contra a pobreza. ¿Apuntaste?”
Agardamos que sexa unha iniciativa do voso agrado e que resulte ben.