Operación Bocata

IMG_2409Mañán, venres 27 de febreiro ás 17:30h remata o prazo para anotarse na Operación Bocata. O colexio invítanos a participar tamén aos pais. Os que esteades interesados podedes pasar pola portería do colexio para adquirir o vale.

O prezo do vale, como en anos anteriores, será de 4€.

Pode ser que haxa persoas que non poidan participar por motivos laborais e queiran colaborar igualmente coa campaña, para elas temos o Bocata Cero, é dicir, poden colaborar cunha cantidade, a que eles queiran, e non asistir ao xesto.

Se hai algunha familia que queira anotarse e os seus fillos están en E. Infantil ou no 1º ciclo de Primaria, poden anotarse e vir cos seus fillos, se así o desexan. En calquera caso, o alumnado de EI e 1º e 2º de EP non pode participar se non ven acompañado dunha persoa adulta.