Hoxe venres 27 de febreiro de 19:00 a 21:00h na Aula Magna celébrase a I Xornada de Experiencias Profesionais. Esta actividade intégrase na Quincena de Orientación Académica – Profesional que se está a levar a cabo no colexio (do 23 de febreiro ao 6 de marzo).
Como sabedes, o obxectivo deste programa é facilitar o proceso de decisión sobre que, como e onde estudar.
Agradecemos a tódolos pais participantes o seu compromiso e adicación e agardamos que esta iniciativa teña unha boa acollida por parte dos alumnos, e sobre todo que lle saquen moito proveito.
Animade aos vosos fillos a participar.