Este xoves, 5 de marzo, ás 17:45h na biblioteca do cole e dentro da Campaña de Mans Unidas, estamos convidados a disfrutar dun contacontos, narrado por unha nai do colexio. O prezo solidario é de 1€.
Gostaríanos contar con vós.
Escollemos este libro porque conxuga a soliedaridade que Mans Unidas nos traslada nas suas campañas e o lema do colexio deste ano: “Contigo”. Os animais da selva amosaránnos que as cousas compartidas, sempre saben moito mellor.
Este é un pequeno resumo:
Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. ¿Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno. Polas noites, miraban ansiosos para o ceo. Estarricábanse e estiraban o pescozo, as pernas e os brazos, tentando collela… ¿Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa?
Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala. Daquela, a tartaruga tivo unha idea xenial: ”Se sobes ao meu lombo, poida que cheguemos onda ela”, díxolle ao elefante. …