Os nosos fillos medran: medremos con eles

O vindeiro martes 5 de maio ás 19:00h, as familias de alumnos/as de 1º e 2º de Primaria están convidadas a un encontro na Aula Magna do colexio. Trátase dunha iniciativa que realizamos ANPA e Colexio en colaboración, no marco da oferta formativa do Plan Familia- Escola que estamos desenvolvendo.Obradoiros

O encontro titúlase “Os noso fillos medran: medremos con eles” e ten como finalidade un rato de formación e diálogo, dende o debate sobre aquelas situacións nas que máis costa proporcionar autonomía aos fillos e ofrecer ferramentas para afrontalas.

Estará dinamizado por Marta Lloves Pequeño, profesora de E. Primaria e E. Especial, terapeuta educativa e especialista en traballo con Familias. Coordinadora do Programa de Prevención de Drogodependencias da Asociación Érguete e o Concello de Vigo.

Para facilitar a asistencia contamos con Servizo de Canguro Gratuíto en Abertal, a partir das 18:45 horas.

Gustaríanos contar contigo.

Lembrámosche a programación completa dos obradoiros de familias:

obradoiros de familia