Comunicado novidades comedor

Antecedentes

 

 

 

O ANPA, leva varios anos facendo seguimento da situación do comedor do colexio, identificando e trasladando queixas e propostas para un mellor servizo . Ó mesmo tempo a participación dun centenar de pais e nais a través da firma dun escrito onde se manifestaba a súa pouca satisfacción co servizo do comedor, xunto coa abordaxe deste tema no consello escolar foron decisivos para o inicio das xestións que desembocaron nas melloras que se produciron no comedor.

 

xestion

 

 

 

Para a xestión das melloras do servizo de comedor, e como forma de garantir a defensa dos intereses das nais e pais creouse unha comisión formada por representantes dos pais no consello escolar, representantes da directiva do ANPA e nais e pais, que asinaron a carta onde se manifestaba a pouca satisfacción co servizo.

 

propostas

 

 

 

 

As propostas de mellora, xurdiron dun proceso de diálogo, reflexión crítica e elaboración de propostas das tres partes: Colexio, Serunión (provedor do servizo de comedor) e representación dos pais.

 

valoración

 

 

 

 

A valoración final que facemos os que participamos como representación dos pais e nais é que recoñecemos o esforzo realizado tanto pola dirección do colexio como polo provedor (SERUNIÓN), estamos convencidos que as melloras establecidas fan que o servizo de comedor incremente o seu nivel de calidade respecto a situación anterior. Ó mesmo tempo que afirmamos o anterior, tamén creemos que seguen a existir espazos de mellora e evolución deste novo sistema de comedor, e que serían totalmente convinte abordalos unha vez estén implementadas as accións previstas para este curso.

 

Agradecimentos

 

 

 

 

Para finalizar agradecer a todos os pais e nais que dunha forma directa, ou máis indirecta, participaron e se involucraron para poder mellorar este servizo.

Máis información:

– Comunicación Xestión comedor