As seguintes melloras no servizo do comedor xa están postas en marcha ou están en proceso e deben executarse antes do fin de curso:
RESPECTO Á XESTIÓN HUMANA DO SERVIZO:
– Presenza dunha coordinadora dos monitores, dependente de Serunión, que coordina o grupo de profesionais, resolve, se procede, as incidencias cotiás e informa sobre a marcha do comedor a representante do centro neste servizo.
- Novo frigorífico
- Novo forno
- Nova configuración office
- Nova situación mantemento temperatura
- Vista comedor
RESPECTO Ó SISTEMA DE PREPARACIÓN DE ALIMENTOS:
– Instalación e posta en marcha dun procedimiento de “líña fría”, que garantiza maior calidade de pratos e maior seguridade alimentaria.
RESPECTO Á COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS:
– Matización maior da denominación dos pratos do menú, coa especificación dos ingredientes.
– Inclusión no menú da valoración nutricional dos pratos servidos.
RESPECTO A TRASPARENCIA DO SERVIZO:
– Organización dunha xornada de visita a Cociña Central de SERUNIÓN para os pais.
– Asistencia ó comedor de pais durante o servizo, previa inscrición.
RESPECTO A DIMENSIÓN EDUCATIVA:
– Elaboración dun programa de comedor, que inclúa: normas e hábitos do comedor, pactados entre o centro e a empresa, que se comunicarán os usuarios e as súas familias, quenes se comprometerán ó seu cumprimento no momento en que se recorre ó servizo;
– Pautas de colaboración familia/comedor, con orientacións para unha armonización entre os hábitos alimentarios propugnados dende o comedor e os fomentados na casa; procedimento de atención as demandas de información por parte das familias.
Nota:
Anteriormente existía un sistema de liña quente. De forma sinxela consistía en que a comida se preparaba na Cociña de SERUIÓN (No polígono do Caramuxo) e se transportaba ó Colexio, onde cunha “mesa quente” se trataba de manter a temperatura da comida. O novo sistema “liña fría” consiste en que se transporta a comida fría e cunhas neveiras e fornos que se habilitaron no espazo do comedor do colexio, mantén o frío e logo se quenta. Desta forma se garantiza que a temperatura da comida sexa a adecuada.
Máis información:
– Comunicado novidades comedor
– Comunicación Xestión comedor