Cronoloxía dos cambios no comedor

 

xaneiro

 

 

 

 

· A Xunta de Castela e León impón de forma solidaria á UTE Serunión-Grupo Lince Asprona unha sanción polos incidentes alimentarios que sucederon o 9 de outubro de 2014 en seis comedores escolares das provincias de León e Segovia. Apareceron larvas de gorgoxo na sopa.

· A Consellería de Educación abre un expediente informativo á empresa Serunión que presta servizo de catering en 23 comedores escolares de Galicia.

·  Recóllense no Colexio 110 sinaturas que solicitan accións para a mellora do servizo do comedor.

·  A Anpa reúnese e define a súa postura para presentar no Consello de Dirección do Colexio, en relación ao comedor. No caso de que a empresa de Catering non ofreza posibilidades de mellora do servizo convincentes, a Anpa ofrécese a recoller información de servizos de comedor alternativos, para presentar ao Equipo de Dirección do Colexio.

· Trala reunión do Consello Escolar do día 27 de xaneiro, a Dirección do Colexio informounos da apertura dun procedimento destinado a mellorar este servizo.

febreiro

 

 

 

 

· A Dirección do Colexio traslada a Serunión o descontento existente co servizo prestado e solicita melloras. Paralelamente pide presupostos a outras empresas.

· A Anpa pon en marcha a recollida de información sobre empresas de catering alternativas e outras opcións de servizo.

· Ante esta situación, representantes de Serunión solicitan unha reunión coa directiva da Anpa para recoller de primeira man as queixas sobre o servizo e para informar da súa postura.

· Esta reunión celébrase o 26 de Febreiro. A Directiva da ANPA convida a participar aos pais membros do Consello Escolar e a dous pais asinantes da solicitude de mellora. Por parte de Serunión acoden o representante da empresa en Galicia e a responsable da empresa no noso Colexio. Os pais presentamos a nosa percepción do servizo en canto a calidade e temperatura da comida, coordinación do servizo, atención aos rapaces, información suministrada aos pais, e solicitamos información acerca da calidade dos alimentos e a súa conservación, dos procedementos de elaboración e transporte, equipamentos empregados, protocolos de actuación, …

· Ao final da reunión os representantes da empresa comprométense a facer unha revisión integral do servizo prestado e de presentar as alternativas de mellora.

Marzo

 

 

 

 

· A primeiros de marzo o representante de Serunión comunica á Directiva da Anpa que xa ten propostas de mellora e que comeza a traballar co Colexio na súa concreción.

Abril

 

 

 

 

· Entrada en funcionamento das melloras.

· O luns 13 de Abril o Director do Colexio convoca á Xunta Directiva da Anpa a unha reunión para informar dos cambios. A Anpa, novamente convida a participar aos pais membros do Consello Escolar e a dous pais asinantes da solicitude de mellora.

Para máis información:

– Comunicación Xestión comedor

– Comunicado novidades comedor

Melloras no comedor