O próximo venres 5 de xuño ás 17:30h na biblioteca do colexio celebrarase unha sesión informativa coas familias de 6º de EP para expoñer as conclusións extraidas do traballo desenvolvido cos rapaces e dar pautas para a adquisición de estratexias de intervención e resolución de conflitos que faciliten o afrontamento da nova etapa educativa que supón o cambio á Ensinanza Secundaria.
Ó longo destes últimos meses, os nosos fillos e fillas estiveron partipando nun Proxecto Educativo de reforzo da personalidade ante a presión do grupo apoiado pola ANPA e polo equipo de orientación do colexio, e impartido por profesionais da Asociación Érguete dentro das sesións semanais adicadas á materia de Educación para a Cidadanía.
Máis información sobre os obradoiros de familias: