Reserva aparcadoiro para entrada e saída no cole

colegioO goberno municipal incluíu o noso centro nas medidas que está tomando para mellorar o acceso/saída dos alumnos a centros de ensino.

A medida consiste en facer unha reserva especial de aparcadoiro para facilitar o acceso a proximidade da entrada do centro escolar aos pais para deixar ou recoller aos alumnos nas rúas Venezuela e Ronda Don Bosco.

Trátase dunha proba piloto para á que se pide a colaboración de todos e todas. O uso desta reserva está orientado a que se emprege o tempo estritamente necesario para deixar/recoller os alumnos.

Achegamos o plano coas zonas e horarios reservados:

mapa