Actuación de Losto Kinsky nas festas

Vídeo da actuación nas Festas de María Auxiliadora do grupo Losto Kinsky conformado por pais do colexio que compartiron conosco a sua particular adaptación dunha exquisita selección de clásicos do rock.

¡Moitas grazas pola vosa colaboración e entrega! Por suposto a mesma gratitude para o resto dos participantes na velada musical.

Este curso a ANPA apostou por complementar as actividades xa tradicionais nestas festas (talleres, xogos, …) con actividades musicais, nas que interviñeron tanto grupos de pais como de alumnos.