Despois das vacacións, na Biblioteca Central voltan con moitas ganas de ler e facer a sua trasnada favorita.
Que cal é?
Pois asistir ao Clube de lectura para compartir libros, aventuras e diversión.
Lembramos que está aberto o período de inscricións para comezar en Novembro.
Hai que darse presa porque as prazas son limitadas… pasa pola biblioteca para apuntarte.
A nova programación vai de novembro 2015 a maio 2016.
Requisitos para participar: Ter entre 8 e 12 anos. Ser soci@ da biblioteca. Cubrir ficha de inscrición
Para máis información:
Biblioteca Pública “Juan Compañel” · R/ Joaquin Yáñez, 6 · 36202 Vigo · Telf. 986 22 90 74