En relación ao estado de abandono e insalubridade que presenta o Calexón dos Salesianos, infórmannos dunha primeira resposta do Concello.
Esta reacción prodúcese tralas xestións realizadas pola ANPA, en coordinación coa Dirección do colexio, ademais das queixas presentadas de xeito individual por unha socia da nosa Asociación.
A continuación amósase un extracto da orde de execución dictada pola sección de Sanidade da Concellalía de Medio Ambiente do Concello de Vigo.
A finais do curso pasado, o Concello tamén nos informaba de que unha patrulla da policía local vixiaría de xeito regular as entradas do colexio.
Sin embargo, as nosas denuncias van moito máis alá, solicitando máis melloras de seguridade, salubridade e hixiene no propio Calexón.
A continuación amosamos parte da documentación gráfica que aportamos ao Concello xunto coas nosas reivindicacións.
Máis información: