Moitas grazas pola masiva asintencia á actividade organizada o pasado xoves na biblioteca.
Pasamos un rato divertido e entretido!
O director do cole fixo entrega do premio pola creación da mascota da biblioteca. O gañador foi un pai: ANDRÉS MUÑOZ DE MARTÍN.
No ANPA temos especial predilección polas acitvidades desenvoltas neste lugar do cole. Este é un espazo no que colexio e pais e nais traballaron cóbado con cóbado para facer realidade este grande soño.
O noso agradecimento tamén as nais que se ofreceron para facer novas actividades. De cara ao Nadal, seguro que poñemos en marcha novos proxectos.
Para máis información: