Obradoiros de Nadal

Ven cos teus fillos os días 2 e 3 de decembro á biblioteca do colexio e crearedes fermosos adornos para o Nadal: renos, papanoeles, bonecos de neve…

Non precisaredes traer ningún material. O colexio e a ANPA proporcionarán todo o necesario para confeccionar os adornos, que logo nos servirán para decorar distintas estancias do colexio. Os rapaces tamén poderán levarse para a casa algunha das súas creacións.

Animádevos. Compartiremos unhas creativas e divertidas tardes, despois do horario escolar.

Para máis información:

image