O pasado xoves 26 de novembro celebrouse a asemblea xeral ordinaria na que se acordou por unanimidade:
- Aprobación das contas correspondentes ao curso pasado
- Aprobación da planificación proposta pola directiva da ANPA para o presente curso escolar.
Ademáis levamos a cabo unha dinámica que resultou moi constructiva e que xirou en torno ás seguintes interrogantes:
- Que valoramos máis do noso colexio?
- Que nos preocupa máis dos nosos fillos?
- Que apoios necesitaríamos como nais e pais?
E por suposto atendéronse os rogos e as preguntas plantexados polos intervintes.
Agradecémosvos a tódolos asistentes a vosa participación e que teñades compartido connosco as vosas inquedanzas e reflexións. Traballaremos para tratar de darlle forma.