Querémosvos lembrar a tradicional campaña no noso colexio e que ten lugar nas vésperas do Nadal: “Campaña Nadal Solidario”.
O día 18, ás 9.30 da mañá, realizarase no patio un acto conxunto no que se recollerán as contribucións de todos.
Se queredes facer outras contribucións podedes levalas noutros momentos ao Centro Xuvenil Abertal (Venezuela, 3 – tel.: 986 225 662), xa que dende alí se coordina a presente Campaña. Igualmente podemos facer partícipes da campaña a veciños, familiares e coñecidos.
Vídeo: Acto ano pasado