O próximo mércores 16 de decembro, a partires das 17:30h, tralo festival de Nadal de primaria, convidamos a tódalas familias e demais comunidade educativa, a participar nas seguintes actividades, organizadas pola ANPA en colaboración co colexio:
- Entrega de cartas ao Paxe Real
- Merenda: chocolate e roscón
- Solta de globos luminosos, cos desexos dos nosos fillos para este Nadal
A pasada semana fíxoselle entrega a cada un dos nosos fillos, dende infantil ate bacharelato, dunha tarxeta para que formulasen o seu DESEXO para este Nadal. Este mércores, os desexos de todos os nosos rapaces elevaránse cara ao ceo, impulsados por globos de helio.
Agardamos que a maioría deles se cumplan!