Quincena de orientación

Nos meses de febreiro e marzo o colexio desenvolve a Quincena de Orientación Académico Profesional.

O obxectivo desta iniciativa é ofertar actividades dirixidas a facilitar o proceso de decisión sobre que, como e onde estudar. Realízanse actividades nas aulas, no contexto da titoría, e actividades abertas a tódolos interesados, tanto do centro como de fóra do colexio. Nestas últimas destacan:

  • Xornada de Experiencias profesionais
  • Xornada de estudos superiores

Esta campaña conta coa colaboración da ANPA na organización das actividades e no financiamento das viaxes á Universidade.

Para máis información:

Quincena de orientación académica e profesional

Quincena