Xornada de Experiencias Profesionais

O próximo venres 4 de marzo ás 19h dentro da programación da Quincena de Orientación Académica-Profesional, terá lugar na Aula Magna do colexio un encontro no que profesionais de distintos sectores e ámbitos presentarán as actividades que desenvolven na súa práctica diaria.

Moitas grazas pola colaboración recibida por parte de moitos pais e nais que de xeito solidario colaboran con esta iniciativa, para enriquecela e potenciala.

O obxectivo desta actividade, xunto coas demáis enmarcadas neste programa, é proporcionar información ao alumnado para facilitar o proceso de decisión sobre que, como e onde estudar.

Para máis información: Quincena de orientación académica-profesional

Quincena