Dende o pasado curso os alumnos que se quedan no comedor teñen a posibilidade de asistir aos locais de Abertal onde contan con espazos diferenciados e monitores para realizar diferentes actividades (xogos de mesa, lectura, debuxo, estudo e facer deberes).
Dado que a actividade está financiada pola Asociación, informámosvos de que a asistencia continua a ser elevada. A media de asistentes por día é de 26 alumnos.
Neste curso, o día de máxima asistencia foi o xoves 8 de outubro que contou cunha participación de 40 alumnos, mentras que o día de menor asistencia foi o mércores 30 de marzo (datas nas que se fai notar a ausencia de alumnos de 5º e 6º de Primaria de viaxe en Inglaterra).
A media de 26 alumnos diarios acádase aínda tendo en conta que en determinados días e semanas existen actividades realizadas no cole que fan caer puntualmente os rexistros (proxeccións de películas e curtametraxes, convivencias e viaxes/excursións).
Para máis información: