Quendas para pais no comedor

IMG_3293

Dentro do programa de mellora do servizo de comedor, quedaba pendente de implementar a asistencia ó comedor de pais durante o servizo.

A partires deste mércores 25 de maio xa será un feito. Os nais e pais do centro poderemos acceder ao servizo de comedor do centro os mércores, tendo en conta o seguinte:

Mércores do mes de maio

  • Pódese asistir a dúas quendas: 12:30h e 13:30h.
  • O número máximo de nais e pais por quenda será 4, e sempre en función da dispoñibilidade
  • Os usuarios comprarán o recibo de comedor ese mesmo mércores na portería antes das 9:30h e indicarán nese momento a quenda de comedor ao que desexan acudir.
  • Si o coubo da quenda de comedor xa está cuberto non se poderá asistir ao mesmo.
  • Os asistentes atoparanse na portería do colexio cinco minutos antes do inicio da súa quenda para ser acompañados ata o comedor escolar.
  • Os pais esperarán a que a persoa responsable da supervisión do servizo autorice o seu acceso ao comedor e indíquelles a mesa na que sentarse. Seguirán o mesmo proceso que os alumnos en canto ao servizo de comida.
  • As familias respectarán as regras do comedor.
  • Unha vez finalizada a comida, os pais abandonarán o centro a través do portalón verde do patio.

Mércores do mes de xuño

  • Pódese asistir a unha quenda: 14h.