Día da Familia na Illa de Ons

IMG_3307

 

 

ATENCIÓN: Neste enlace podes consultar as inscripcións con praza na primeira quenda. Haberá unha segunda quenda extraordinaria o mércores de 16:00 a 18:30 para o resto dos inscritos que non acadaron praza na primeira, ata cubrir o aforo do barco.

 

Dende a Asociación convidámosvos a participar nunha nova edición do Día da Familia, nesta ocasión cunha viaxe á Illa de Ons.

Coma sempre esta iniciativa pretende facilitar un punto de encontro e convivencia para a nosa comunidade educativa, ademáis de compartir praia, paseos e xogos nun espazo único.

Os datos máis relevantes a ter en conta son:

Data da viaxe: domingo 19 de xuño de 2016

Destino: Illa de Ons

Horario de referencia: de 10h a 19h (estaremos suxeitos aos horarios da naviera)

Prazo de preinscrición: ate o martes 7 de xuño pola mañán

Lugar de preinscrición: Entrega do boletín de preinscrición na conserxería do colexio

Condicións:
– Prezo I: 7,50€ por persoa para os membros da comunidade educativa.

– Prezo II: 9,00€ por persoa para os demais membros da familia (avós, tíos, curmáns, …)

– Só poderán viaxar un máximo de cinco persoas por cada un dos alumnos matriculados no colexio (incluido o propio alumno).

Grupo mínimo necesario: 100 persoas. O máximo está condicionado pola dotación de barcos e, polo tanto, terase en conta a orde de inscrición en caso de superar as prazas dispoñibles.

– Dispoñemos dun número limitado de prazas. A inscrición definitiva farase seguindo a estricta orde de entrega das preinscricións e unha vez pagada a viaxe.

A partir do 7 de xuño poñeriámonos en contacto convosco (imprescindible facilitar datos de contacto perfectamente lexíbeis) para formalizar a inscrición definitiva, co pagamento do prezo correspondente.

– O pago da viaxe realizarase na biblioteca do colexio o luns 13 de xuño e o martes 14 de xuño de 16 a 18:30h.

– Os menores deberán viaxar acompañados dun adulto.

– A actividade realizarase sempre que academos o mínimo marcado. No caso contrario, comunicarase a través da páxina web e da plataforma a cancelación da viaxe.

Circular Día da Familia e Preinscrición

Programa Día da Familia

Lista de Inscripcións con Praza en Primeira Quenda