Dende o luns 30 maio e ate o 6 de xuño teremos no noso cole un Planetario Móbil que pertence á Obra social de La Caixa e vai dirixido a rapaces de tódalas idades. O Planetario atópase dentro dunha cúpula onde grazas a diferentes vídeos os alumnos teñen a sensación de inmersión.
Os nenos so teñen que entrar na cúpula, poñerse cómodos e deixarse levar pola proxección dixital que amosa con total fidelidade contidos científicos de xeito ameno e didáctico.
A actividade foi xestionada pola nosa Asociación, tendo especial significación o papel dunha nai asociada que é empleada de La Caixa, e por suposto coa colaboración do colexio que cede o ximnasio para a instalación.
Esta actividade pretende achegar aos nenos á astronomía amosándolles o firmamento, en cada unha das estacións. Todo elo tal e como o poderíamos observar si non nos molestasen nin as luces, nin a contaminación da grande cidade. Ademáis o programa describe as principais constelacións e grazas a elas, os alumnos aprenderán a orientarse localizando a Estrela Polar, que é a que nos indica o Norte e que podemos contemplar durante todo o ano ao estar fixa no ceo.
Durante a proxección tamén se fai mención das lendas e mitos asociados ás principais constelacións visíbeis ao longo do ano.