Animádevos a elaborar un postre e participar no concurso gastronómico que se celebrará no Magosto do xoves 10 de novembro no patio do cole.
-Valoraráse o sabor, por suposto, pero tamén a creatividade e a imaxinación
–Han de ser postres que apeteza comer en outono ou inverno.
-Haberá un xurado que elixirá o postre mais rico, e tamén o mais atractivo ou coa presentación mais orixinal.
Aproveitamos para convidarvos a participar tamén doutro xeito. Se hai algún pai/nai con inquedanzas grastronómicas, pode apuntarse para formar parte do xurado. Terá unha recompensa moi doce!!
Os postres poderán deixarse no comedor do cole ás 15.30h e estarán expostos no patio a partir das 17.30h.
A partires das 18.00 h. será a elección dos gañadores e o solemne acto de entrega de premios terá lugar a continuación.
Coma sempre, precisamos a vosa colaboración para a dinamización dos xogos, merenda, xurado e que a festa sexa un éxito, so tes que enviar un correo a fiestascole@gmail.com (ou por calquer outro medio polo blog, de palabra…) decíndonos canto tempo podes colaborar (entre as 17.30h e as 19.00h).